viernes, 29 de julio de 2011

O amarelo mola!

Esta semana pasámolo moi ben porque fixemos un montón de cousas, entre elas unhas gafas amarelas, a tira amarela, miramos as estrelas e eleximos unha estrela para cada un agora enseñaremosvos como o fixemos:

                                                                         

 O LUNS
O Luns fixemos as gafas con cartulina, papel de celofán e pegamento. Tamén fixemos a tira de cor amarelo con pinceis e pintura (temperas) María a nosa monitora contounos un conto para abrir a semana, sobre un sol e unha lúa.

                                                                         O MARTES
O Martes miramos as estrelas e a nosa monitora Merche contounos un conto das constelacions, e tamen as vimos coma se estivésemos nun planetario. E coma sempre xogamos moito todos, e o pasamos moi ben.

                                                                       

 O MERCORES
O Mércores a primeira hora fixemos figuras para decorar o pasillo que estaba moi triste todo blanco. As figuras tiñan  forma de mazáns, corazóns, estrelas, avións... Logo puxemos o ceo na parede como unha pantalla de cine, e fomos un a un escollendo unha estrela para cada un de nos e apuntamos o seu nome. Despois fixemos un diploma da nosa estrela tamén inventamos un nome para a estrela.
                                                                      

O XOVES
O Xoves pegamos os adornos que fixemos con cartulina e unhas plantillas e tamen foi o día  a da creactividade, fixemos un xogo que se chama o sol abrasa. Pasámolo moi ben xa que fixemos moitas cousas e moi divertidas esamos moi contentas.

O VENRES

O Venres fixemos o xogo do deserto, primeiro tiñamos que conseguir moedas facendo probas como: facer momias, buscar moedas na fariña, carreiras de gusanos. Con esas moedas ibamos a tenda a mercar cousas que nos farían falta para superar as probas que nos levarían ata a lámpara máxica, que tiña 3 desexos.



A TARTARUGA
Despois de un días portándonos ben, as monitoras decidiron traernos a mascota o Luns. Nos pensamos que a mascota era un conexo, un hamster, ou un peixe xa que elas tíñano en segredo. O final resultou ser unha tortuga, e ainda así gustounos moito!
Algúns dos nomes que pensamos para a tortuga eran: Tortu, Tortuga de Luna, Tortura, Merche, Estrella... pero o que ganou foi o de Lúa. E somos nós os que cada día lle temos que dar de comer, limpala e coidala!




OPINIÓN

Esta semana estuvo moi ben porque tivemos moito movemento, como facer xogos e moitas manualidades. E o que menos me gustou foi cantar, porque non me gusta moito cantar. O das estrelas gustoume moito e todo o que fixemos esta semana foi moi divertido.

O que máis me gustou esta semana foi o das estrelas porque vía o ceo, e a min gústame moito ver as estrelas pola noite, e era como se fose de noite.

Paseino moi ben, gustaronme moito as cousas das estrelas. Tamén me gustou moito o conto do Sol e da Lúa.

Gústame moito o XogArzúa, pasámolo moi ben. O que máis me gustou foi o das estrelas e cando fomos o parque.

Encantoume ver as constelacións e poñerlle nome as estrelas. E tamén me gustou cando votamos o nome da tortuga, o nome que máis me gustaba a min era Tortuga de Luna.

jueves, 21 de julio de 2011

Chega o laranxa!!!



Esta foi a semana do cor laranxa porque é o segundo cor do arco da vella. Fixemos moitas cousas, entre elas, un barco xigante de cor laranxa. Esta semana pasámolo moi ben.

Empezamos o LUNS cantando e xogando, e tamén desexándonos os bos días e con bo humor como facemos habitualmente. Logo presentamos a cor laranxa, facendo unhas gafas laranxas, tamén fixemos un xogo no que habia que razoar. Un dos equipos fixoo como o había que facer, e o outro quería facelo mediante pelexas. Aunque o  final acabaron roubando a laranxa,a conclusion que sacamos foi  que hai que razoar sempre. Tamen fixemos unha tira de cor laranxa. Esta semana pasámolo xenial e ao mellor para a semana ata conseguimos a mascota.

O barco que fixemos
MARTES fixemos o karaoke, decoramos a clase e fixemos unha chapa indificativa para cada un dos equipos.Os equipos foron:
os gatos, as vacas, os dragóns con estrelas, os guapos de España e os Panorama. Cantamos moito e pasámolo moi ben.



O marcapáxinas de Garfield
O MERCORES fixemos o xogo de detectives, tamén un marcapáxinas do gato Garfield e un xogo de risoterapia, co que nos fartamos de rir. Pasámolo moi ben porque nos gustou moito o xogo do gato e a manualidade de Garfield; saiunos xenial, quedounos precioso!!

Antes de conocer a Azaia

O XOVES pola maña era o día da creactividade, e decidimos facer un barco de papel xigante. Logo fumos de excursión a casa do mel e do queixo, e ensinaronnos as abellas, de onde ben o mel e como se fai o queixo,ali deronnos queixo,mel e pan. A metade da clase foi de excursion e a outra mitade quedou vendo unha peli de Garfiled. Todos o pasamos moi ben.


Preparando sobrosos platos.

VENRES fumos de excursión a outra metade que quedaba e pasamolo moi ben. Na excursión vimos: abellas como entraban nas súas casas por un aguxeiro, logo vimos a casa das abellas por dentro.Despois visitamos a  unha abella moi especial, que se chamaba:Azaia ¡un nome moi raro! E tuvemos que axudala a voar, e para iso tivemos que lanzala e dicir algo que nos gustara, como o queixo, a mel etc. Tamén fixemos uns pratos especiais: con queixo, mel e pan.por ultimo comimos os pratos especiais.E sen mais ni menos viñemonos para o XOGARZÚA!
Qué artista!



O BARCO:
 Fixemos un barco xigante de cor laranxa, pintamolo con acuarelas, mentras que fixeron o barco Alba, Pablo, Marta, Silvia e Merche, os outros nenos e nenas es tivemos xogando.

O XOGO DAS SILLAS
O xogo das sillas consiste en poñer unhas sillas nun circulo, despois ponse musica e camdo para teste que sentar rapidamente nunha silla
O XOGO DO ADMIRADOR
Oxogo do admirador consiste en facer un buzon e o teu admirador escribeche unha carta e ti tes que descubrir quen e.

OPINIÓN:

A semana en xeral pareceunos ben. O que máis me gustou da semana foi cando Silvía marchou porque nos subimos enriba dela e lle demos moitos abrazos, Silvia foi unha boa monitora e ainda a vamos a botar de menos.
Pero tamén foi o que menos nos gustou, porque nos puxemos tristes, botámola moito de menos!!!

martes, 12 de julio de 2011

A semana do vermello!!


Winchy
     Comezamos a semana da cor vermella cun conto que nos veu contar Winchy, un dragón vermello que nos levou de visita ao país vermello, e nos falou dun neno vermello chamado Xoán que atopou o país de todas as cores. Cando rematou o conto puxemos as gafas vermellas que fixemos nos mesmos co que podiamos ver todo coma no país vermello.

Qué fixemos? 

     Como esta semana se dedicaba a cor vermella fixemos cousas relacionadas co planeta vermello (Marte), como por exemplo unha especie de planetas con filtros de café. Primeiro recortámolos con forma redonda, logo coloreámolo con rotuladores de cores e despois botabámoslle gotas de auga para que estendese a pintura do rotulador por todo o circulo.

     Para viaxar a marte aprendemos a facer dous tipos de cohete , e un deles VOABA!! o primeiro fixémolo cun rolo de papel hixiénico e o outro con bolsas de té.

     Trouxemos da casa tamén unha caixa de zapatos, para facer un buzón para meter as carta do noso admirador secreto, botámoslle cola e papel de periódico, para despois cando secara pintalo con témpera para que quedara máis bonito.

A qué xogamos?

     Polas mañáns sempre facemos un combate por grupos a ver quen se levanta co mellor sorriso, tamén comezamos o xogo do admirador secreto onde cada un temos que escribirlle a un neno ou nena sen que adiviñe quen somos.

Encerro San Fermíns

    Estivemos falando do planeta vermello e despois tamén xogamos a "Misión a marte" que era unha especie de Trivial no que nos tivemos que facer equipos e disfrazarnos.

    O xoves foi San Fermín e estivemos falando dos encerros e despois fixemos un, FOI SUPER DIVERTIDO!!




Qué cantamos?

"A casiña" eu teño unha casiña que é así, así, que cando quero entrar golpeo así así, límpome os zapatos así, así.
"A formiguiña"  Fun o mercado a comprar pan e unha formiguiña subíame pola man, eu sacudín, sacudín, sacudín, pero a formiguiña non paraba de subir, fun o mercado a comprar regaliz e unha formiguiña subíame polo nariz........
"Tallarín"  Yo tengo un tallarín, tengo un tallarín, que se mueve por aquí, que se mueve por allá todo rebozado, con un poco de aceite, con un poco de sal y te lo comes tú y sales a bailar.
"Chup-chu-wa"Atención! manos al frente! Chup-chu-wá, Chup-chu-wá, Chup-chu-wá-wawá Atención! manos al frente Puños cerrados! Chup-chu-wá....


 Algunhas opinións
  • Paseino moi ben con todos os xogos.
  • Pásoo moi ben pero quero unha mascota, o que máis me gustan son os xogos e as cancións porque son hiperactivos.
  • Gustoume todo inda que se teño que dicir algo que me gustase menos serian as manualidades.
  • Paseino ben pero houbo moitos conflitos, gustáronme moito as canción e os xogos .
  • Os cohetes foron unha boa idea, gustáronme moito.
  • Gustoume o xogo do admirador porque houbo cartas moi orixinais.
  • Para misión en Marte fixemos uns traxes súper chulos. 
MISIÓN EN MARTE