Volve o XogArzúa cargado de enerxía coma sempre.
O luns coñecemos a moitos dos compañeiros, xa que cada ano veñen mais. Este ano veñen 3 monitoras novas: Nuria, Carmen e Bea. E, coma sempre, volveu Merche.
O día seguinte (Martes) empezamos a decorar a aula con letras de XOGARZÚA usando papel maché.
Cada día facemos todo, con máis ganas de traballar.
O Martes seguimos traballando nas letras e xogando todos xuntos. Sempre nos divertirnos con todas as monitoras.
O Mércores xogamos un montón. O Luns posiblemente nos traian unha mascota. O mellor e un hámster. O ano pasado foi unha tartaruga e o anterior 2 peixes: Bob Esponja e Esportacus.
As monitoras foron á Praia e encontraron unha lámpada máxica e trouxérona ao XOGARZÚA. Esta lámpada concédenos os desexos que lle pedimos, se nos portamos ben e cumprimos as normas.
As monitoras son moi boas e divertidas. Veunos unha monitora do ano pasado chamada Silvia, e alegrámonos moito de vela.
Este ano, como os anos anteriores imos facer excursións. Unha é no parque e as outras son sorpresa. Será moi divertido! Creemos que o pasaremos moi ben, xa que cada ano o pasamos mellor.
Puxemos un cartel de normas para portarnos ben e vaiamos de excursión. Vamos ir de excursión a moitos sitios se nos deixan ir os nosos pais.
Xogamos moito e imos seguiremos xogando todos xuntos.