viernes, 30 de diciembre de 2011

"Nocturna, una aventura magica"

Como a maior parte dos nenos foron de excursion, hoxe somos moi poucos... pegamos os reis na parede , cambiamos a arbore de sitio, rematamos a flor de papel e como nos portamos moi ben as monitoras levaronnos a biblioteca pa ver unha pelicula na parte de audiovisual!. a pelicula ao principio non nos convenceu pero finalmente gustounos moito chamabase "Nocturna, una aventura magica"

jueves, 29 de diciembre de 2011

29.12.11

Estamos deixando a aula chulisima! hoxe pintamos aos reis magos e maña imos acabar de facer unha flor con cucuruchos de papel! ademais estivemos xogando a xogos moi chulos escondendonos por todo o multiusos e rindonos un monton co "monstro das cosquillas"
Ah! e o mais importante! os que mellor se portaron foron ata o concello para deixar unha caixa e un cartel para que todos os que queiran teñan un lugar donde deixar comida e xoguetes para axudar aos mais pobres.

miércoles, 28 de diciembre de 2011

a arbore dos desexos!

hoxe foi o dia dos santos inocentes! as monitoras fixeron muñecos de inocencio e xogamos a poñelos  nas costas un dos outros.. foi moi divertido!
Nestes dias colgamos os copos de neve do teito e formulamos un monton de desexos para o novo ano que escribimos nnunhas campaniñas moi chulas que fixemos con hueveras... agora estan colgadas no arbol 3D que estamos pintando na foto! esperamos que se cumpran!!

domingo, 25 de diciembre de 2011

Como non o primeiro que temos que facer e convertir a nosa aula nunha aula divertida e chea das cores do nadal!! Asi que adicamos estes dias a darlle cor as paredes e a facer moitos xogos, (en especial o pistoleiro que nos gustou moitiiiiisimo).
O xoves xogamos a loteria e o venres recibimos duas sorpresas moi especiais, unha foi a visita de Flora que nos contou a historia de Don Baltasar e outra foi un agasallo que nos trouxeron as monitoras, tivemos que cerrar os ollos e o abrilos iñamos diante unha figura coma a da foto... agora so nos queda rematar de pintala!!

jueves, 22 de diciembre de 2011

Chegou o Nadal!!

Pois si! chegou o Nadal e con el volven os sorrisos e a diversión ao XogArzúa! Pero este vai ser un ano moi especial no que non so pediremos regalos a Papá Noel e aos Reis Magos... este ano vamos repartir xenerosidade e faremos chegar a nosa ledicia a todos os recunchos da Arzúa!
  Comezamos?