martes, 30 de agosto de 2011

Estamos en blanco e negro!


LUNS


O Luns axudámoslle os compañeiros que non viñeron a semana anterior a facer a súa réplica. E cando xa a tiñamos feita, colócámoslle uns bocadillos como as das viñetas dos cómics dónde lle puxemos a cousa que máis nos gustaba desa persoa. Gustounos que puxeran cousas positivas sobre nós, porque nos fixo sentir ben.
Tamén fixemos a tira presentando o color desta semana, o blanco e o negro.


MARTES
O Martes colocamos a tira e despois vimos unhas pelis de Mickye Mouse 1928, eran en blanco e negro e sen sonido. Gustonos moito cando Mickye Mouse convertíu o tractor en un avion. Ademais, tamén nos disfrazamos de mimos e imitámolos facendo cousas que eles fan como; coller un globo que pesaba moito, tirar dunha corda, voar coa axuda dun globo...



MÉRCORES


O comezar a mañá tocou a creactividade na que tiñamos que bailar, cada un como quería, a canción de Danza en Arzúa. Cando paraba a música todos tiñamos que parar como estatuas e non podíamos movernos. Tamén aprendemos a canción e a coreografía de DANZA EN ARZÚA que vamos a facer no festival.
Na segunda parte da mañá fixemos unha cousa moi divertida, un concurso de fotografía. Cada un de nós podía facer cinco fotos dentro do multiusos ou na rúa. Quitamos fotos no parque, no palco e nas columnas que hai no multiusos, nos contenedores, nunha cabina de teléfono, na señal do cans... Quedaron super chulas!!

XOVES

Cando chegamos comenzamos a ensaiar a canción de Danza en Arzúa que aprenderamos o día anterior. Despois estivemos facendo xogos como; carreira de pingüinos para ensaiar a posición dos pés para a nosa peli. Tamén estivemos ensaiando escenas para a peli que ibamos a grabar o día seguinte. Ademais vimos unha película de cine mudo en blanco e negro. Antes as pelis facíanse así porque non había cámaras que detectaran as cores. Tamén aprendemos que a banda sonora da película tocabaa unha banda de música en directo no cine.


VENRES


Comezamos a mañá grabando a chegada de todos nós cos nosos papás, mamás, abuelos e abuelas. Tiñamos que entrar como pingüinos porque vamos a facer unha peli de cine mudo. O longo da mañá estivemos grabando varias escenas. A que máis nos gustou foi cando fixemos a nosa merenda con plastilina e cando xogamos os bolos.

OPINIÓNS

A min gustoume moito ver as pelis en blanco e negro ainda que xa vira unhas no ordenador.

Paseino moi ben pero poñer os pés como os pingüinos non se me dou ben.

Gustoume facer a merenda con plasti e tamén o que dixo Sandra de. "Chicos, merendar".

Gustoume moito facer a tira porque me gusta moito o color blanco.

lunes, 29 de agosto de 2011

Atención ós pais!!!


Lembrade os papás, mamás e usuarios do blog que podedes deixarnos os vosos comentarios sempre que o desexedes empregando a opción anónimo ou conta google.




Os nenos e nenas do XOGARZÚA queremos recordarvos que o venres 9 de setembro as 19.00h celebraremos unha gran festa como remate do verán. Animámosvos a que veñades a disfrutar do noso traballo e das nosas actuacións en directo. ESTADES TODOS/AS LISTOS/AS PARA PARTICIPAR??





ESPERÁMOSVOS!!

martes, 23 de agosto de 2011

Unha semana de cor de rosa!

MARTES

O Martes conocimos a nova monitora, chámase Olalla, ainda que algúns se confunden e chámanlle Analla ou Soraya. Pero a ela non lle importa, porque é moi simpática e moi buena e con ela aprendemos un montón de canción novas como a de "Un bombero tilintilin tilero", a do "Polo" a de "Un arco de colores" e a da "Sandía".


E puxémosnos a facer a cinta de cor rosa e as gafas rosas coas que víamos todo rosa. Algúns de nós modernizamos as gafas e fixémolas a raias.


E empezamos a semana con un conto sobre unha rosa e un ruiseñor co que aprendemos a prestarlle atención as cousas que realmente son importante, como no caso do estudiante, os estudios.

MÉRCORES

Este día empezamos facendo uns escudos e un Xogo da Oca do Camiño de Santiago, para despois poder xogar a él. Fixemos os escudos como se fóramos cabaleiros, e fixémolos con cartón, pinturas e téperas, e neles debuxamos o que máis nos gustaba a cada un, como por exemplo un castillo, unha fogueira, un gato e unha lúa, etc...

Pero foi o Xogo da Oca o que máis traballo nos dou pero quedou moi bonito. Píntamolo e forrámolo para nos quedara mellor e nos dure máis.

XOVES

Rematamos o Xogo da Oca, xa que nos faltaba pintalo e forralo con celo. E unha vez que o rematamos puxémonos a xogar. A primeira proba era facer as fichas de cada equipo, unha era un bastón, outra unha flecha amarela, un cuncha e unha cruz. Todas as pezas estaban relacionadas co Camiño de Santiago.
No xogo tiñamos que acertar preguntas e superar probas, porque senon recibiamos un montón de cosquillas. E no fondo ata nos gustaba perder porque nos gustaba moito cando nos facían cosquillas.

VENRES

O Venres fixemos a nosa replíca de papel. Tíñamos que poñernos acostados encima dun papel e o resto de compañeiros debuxábannos. Unha vez feito o contorno tíñamos que pintarnos e debuxar a roupa, a cara, o pelo, os zapatos... Quedaron moi, moi bonitos! Algúns parécense un montón!


OPINIÓN

"Pasoo moi ben porque é moi divertido. O que máis me gustou foi xogar o Xogo da Oca. E o que menos me gusta e cantar pola mañán porque estou moi cansada!"

"Pasoo moi ben no Xogarzúa, gústanme moito os xogos e facer as gafas. Pero o que non me gustou foi o Xogo dos Zapatos porque cheiraba fatal!"

"Pasámolo moi ben facendo as cousas e divírtome moito"

"Gústame todo moito, pero o que máis me gustou foi o Xogo da Oca. E o que menos me gustou foi facer a tira, porque ese día non vin, e non sei como se fixo"

"O que máis me gustou foi a Oca e cando nos facían cosquillas"



viernes, 19 de agosto de 2011

O Violeta chegou o Xogarzúa!

LUNS

O Luns debuxamos a tira de cor violeta, e quedounos moi bonita! Fixemos un montón de xogos e cancións como "O baile da pedra" ou " O Larala lero", que eran bastante complicados e o principio perdíamonos! Pero eran moi divertidos.
Outra cousa que tamén foi máis dificil que os outros días foron as gafas, xa que para ver violeta a través delas tivemos que poñer distintos plásticos de colores! Pero o final víamos todo violeta!




MARTES

O Martes foi un día moi relejado... Xa que empezamos o día facendo un pouco de relajación e de tai-chi. O principio parecía que iba ser aburrido, pero logo relajámonos un montón! E despois "desrrelajámonos" un pouco facendo xogos que Marta propuxo para a creactividade. Nun dos xogos había que ir dicindo colores, e recordar tódolos colores que íbamos dicindo, e se nos equívocábamos quedábamos eliminados. No outro unha persona dicía colores e os demais tiñan que tocar cousas que tivesen esa cor, pero se decían violeta había que quedar quieto, e quen se movera era o que dicía os colores.

MÉRCORES

O Mércores  fixemos xogos nos que non competíamos, senon que ganábamos todos, e tamén nos que había que ter confianza no resto de compañeiros porque  nos tíñamos que tirar desde unha silla os brazos dos demáis.

Outra cousa que fixemos foi un marco de fotos moi bonito e moi original con macarróns e pasta de sopa, sin cocer, claro... Quedaron espectaculares!


XOVES

Como tódolos días comezamos alegremente cantando e xogando, e logo fixemos unha flor cunha huevera e cun pao de pincho moruno que tamén quedou genial! E pintamos o marco para as fotos porque o día anterior quedou secando!

VENRES

Rematamos a flor xa que quedara algo incompleta, e unha vez rematamos puxémonos a facer un lapicero cun rollo de papel hixiénico en forma de flor! Foi algo bastante fácil e que quedou moi ben!
E o acabar a mañán tivemos que despedirnos de Nacho... que nos dou moita pena!

OPINIÓN

-Encantoume porque foi todo moi divertido! Tanto os xogos como as manualidades gustáronme moito!

-Molou moitísimo o xogo de tirarase da silla! Porque era moi divertido!

Semana do AZUL!!!

LUNS

Empezamos a semana con novidades, viñeron dous monitores novos: Nacho e Lidia. Ainda que algún non tan novo porque algúns de nós xa coñeciamos a Nacho.
O Luns fixemos as gafas de cor azul coas que víamos todo azul estaba todo máis claro que na realidade. Tamén fixemos a tira donde debexamos nuves, delfíns, auga, etc.
Presentamos a cor azul con contos pero de xeito distinto. Esta vez cambiamos e leemos nós e vez dos profes. Cando nos poñían na cabeza un gorro azul tiña que leer o que o tiña posto. Un dos contos era dun ovo azul, outro era dun neno que se portaba mal e lle chamaban "EL NIÑO DEL NO", e o último era dun neno no que no se pobo non chovía.







MARTES


Foi un día de moitas sorpresas. Primeiro démoslle a benvida a outra nova monitora que se chama Sandra. Despois, cando estabamos cantando, tuvemos unha visita especial, apareceu Silvia que viña acompañada doutra monitora que se chamaba Flavia.
Logo comezamos a facer as pinzas que decoramos con cousas mariñas xa que era o día relacionado co mar.
O final fixemos un acuario por grupos que estaba feito con caixas, cartolina, purpurina, papel pinocho... Quedaron preciosos!!

MÉRCORES

Empezamos a mañá rematando as pinzas xa que, o pintalas o día anterior, non estaban secas. Unha vez rematadas as pinzas fomos o parque e estivemos xogando co paracaidas xa que era o día do ceo. O xogo que máis nos gustou foi o da "SETA". Logo subimos a clase e fixemos unha fermosa cometa, se corríamos voaba!! Que fácil era!!






XOVES

O xoves vimos unha curtametraxe. Unha curtametraxe é unha peli pequena. A que vimos nós duraba 15 minutos e titulábase "OS CREBINSKY", era cine mudo. Trataba sobre uns irmáns que confundiron leite condensada con pintura. Rímonos moito con esta peli.
Contamos tamén lendas de naufráxios na costa da morte como o caso dos barcos ADELAIDA e COMPOSTELANO. Xogamos tamén a afundir os barcos. Fixemos dous equipos, o equipo vermello e o equipo negro. Ganou o equipo negro que lle afundeu todos os barcos o equipo vermello. Os tableiros fixémolos entre todos e eran enormes.

VENRES

Tocou a creatividade e como sempre saíron moi boas ideas, como a de Fran e a de Nico. O final a idea que ganou foi a de Fran que era un xogo no que había que esconder un gorro azul e quen o atopara tiña que vir correndo ata a aula sen que o pillaran. Encantounos ete xogo!! Era moi diver!!
Rematamos a semana xogando "OS MARIÑEIROS". Era un xogo no que tiñamos que pasar probas como a de transportar auga, andar por unha corda enrriba de tiburóns, a de pescar tiburóns e a de cantar como piratas. Cando superabamos probas consegíamos peixes, e ganaba quen máis peixes tiña!! E gañou o equipo vermello!!


OPINIÓN

-Paseino genial!! O que máis me gustou foi o xogo dos mariñeiros porque foi moi divertido!!

-Gustoume moito a semana do azul!!

-Non me gustou a semana do azul porque había un pirata que gritaba e tíñalle medo!!

-Foi unha semana moi boa porque ven Nacho e porque xogamos con el a marear!!

-A semana estuvo ben polo xogo do pirata!! O que máis me gustou foi o do gorro, que era o xogo de Fran!! O que non me gustou foi o tempo que estaba malo!!

XOGAMOS CO VERDE!


MARTES

     Esta semana empezamos o Martes porque o Luns foi o día de Galicia. Empezamos facendo a tira de cor verde e as gafas verdes. Na tira debuxamos árbores, unha tortuga, unha mariposa, un campo, a selva... todas cousas de cor verde! Contamos o conto da Rá Pascuala e a dun dragón que tragaba unha aceituna. Este dragón tiña na barriga un elefante, que tiña un león, que tiña un águila, dentro da águila un gato, e do gato un rato, e do rato unha rá e da rá o oso da aceituna que comera o dragón! Cántas cousas tiña o dragón na barriga!
     Outro conto que contamos foi o do pintor, o dragón e o titan. O conto que máis nos gustou foi o do dragón tragón.
     E despois fixemos unha tartaruga parecida a "Lúa", que fixemos con plasti, unha huevera, e cola. E levamola para casa!



MERCORES



     Fixemos unha masa viscosa, que era de cores. A nosa era de cor azul, roja e despois pusemoslle amarelo, e saleunos dun cor entre gris e violeta. Cando lle dabas forte coas mans quedaba dura, e cando a metiamos despacio quedaba como se fose auga e quedabanos pegada as mans. O rematar fomos limpar as mans. Parecia sólida e líquida o mesmo tempo. Era divertido meter a man na masa!
     Outra cousa que fixemos o mercores foron as mariposas. As mariposas fixémolaS con pintura, cartulinas e o corpo e as antenas eran de pajitas. Tamén lle botamos purpurina dourada e verde.


XOVES

     O xoves fixemos unha rá cunha cartulina doblando as patas e os brazos.
     Despois xogamos o laberinto. Esa idea foi dun neno que se chama Alexandre. Foi moi divertido para algúns e non tanto para outros porque perderon e pareceulles aburrido.
     Para facer o laberinto fixemos dous equipos e tiñamos que construilo con tódalas cousas da clase, e despois uhna vez rematado tiñamos que recorrer o do outro equipo e gañaba quen chegara antes.



VENRES
     O venres acabamos os sapos que comezamos o xoves. fomos o parque buscar insectos, atopamos formigas amarelas peludas que picaban, escarabellos, vacaloura.
     Tamén nos despedimos das monitores: Andrea, María e Inés, as cales queremos moito. Esperamos que volvan, pasamolo moi ben coas tres, porque eran boas. Mandamoslles un saudo moi grande e decimoslle que as queremos un montón e acordamonos moito delas. E con este día se acabado a semán do verde.



OPINIÓN:
"O que máis me gustou esta semana foi a tira"
"Encantoume facer a masa porque me gustaba meter as mans nela!"
"Paseino genial cando fomos o parque buscar insectos!"

      Esta semana cantamos cancións novas como: 
  • "Hercules" (Yo soy Hercules, mi madre es sonambula,...)
  • "La hormiguita" (Tengo, laralala, una hormiguita en la tripita, laralala,...)