| Winchy |
Comezamos a semana da cor vermella cun conto que nos veu contar Winchy, un dragón vermello que nos levou de visita ao país vermello, e nos falou dun neno vermello chamado Xoán que atopou o país de todas as cores. Cando rematou o conto puxemos as gafas vermellas que fixemos nos mesmos co que podiamos ver todo coma no país vermello.
Qué fixemos?
Como esta semana se dedicaba a cor vermella fixemos cousas relacionadas co planeta vermello (Marte), como por exemplo unha especie de planetas con filtros de café. Primeiro recortámolos con forma redonda, logo coloreámolo con rotuladores de cores e despois botabámoslle gotas de auga para que estendese a pintura do rotulador por todo o circulo.
Para viaxar a marte aprendemos a facer dous tipos de cohete , e un deles VOABA!! o primeiro fixémolo cun rolo de papel hixiénico e o outro con bolsas de té.
Trouxemos da casa tamén unha caixa de zapatos, para facer un buzón para meter as carta do noso admirador secreto, botámoslle cola e papel de periódico, para despois cando secara pintalo con témpera para que quedara máis bonito.
A qué xogamos?
Polas mañáns sempre facemos un combate por grupos a ver quen se levanta co mellor sorriso, tamén comezamos o xogo do admirador secreto onde cada un temos que escribirlle a un neno ou nena sen que adiviñe quen somos.
![]() |
| Encerro San Fermíns |
Estivemos falando do planeta vermello e despois tamén xogamos a "Misión a marte" que era unha especie de Trivial no que nos tivemos que facer equipos e disfrazarnos.
O xoves foi San Fermín e estivemos falando dos encerros e despois fixemos un, FOI SUPER DIVERTIDO!!
Qué cantamos?
"A casiña" eu teño unha casiña que é así, así, que cando quero entrar golpeo así así, límpome os zapatos así, así.
"A formiguiña" Fun o mercado a comprar pan e unha formiguiña subíame pola man, eu sacudín, sacudín, sacudín, pero a formiguiña non paraba de subir, fun o mercado a comprar regaliz e unha formiguiña subíame polo nariz........
"Tallarín" Yo tengo un tallarín, tengo un tallarín, que se mueve por aquí, que se mueve por allá todo rebozado, con un poco de aceite, con un poco de sal y te lo comes tú y sales a bailar.
"Chup-chu-wa" Atención! manos al frente! Chup-chu-wá, Chup-chu-wá, Chup-chu-wá-wawá Atención! manos al frente Puños cerrados! Chup-chu-wá....
Algunhas opinións
- Paseino moi ben con todos os xogos.
- Pásoo moi ben pero quero unha mascota, o que máis me gustan son os xogos e as cancións porque son hiperactivos.
- Gustoume todo inda que se teño que dicir algo que me gustase menos serian as manualidades.
- Paseino ben pero houbo moitos conflitos, gustáronme moito as canción e os xogos .
- Os cohetes foron unha boa idea, gustáronme moito.
- Gustoume o xogo do admirador porque houbo cartas moi orixinais.
- Para misión en Marte fixemos uns traxes súper chulos.
| MISIÓN EN MARTE |

pasamolo moi ben, e estamos tristes porque Silvia vaise...
ResponderEliminarXián e Fran