LUNS
Como xa se acerca o festival fixemos invitacións para dúas persoas moi importantes desta vila: o alcalde e o técnico de cultura. Empregamos materiais como cartolinas, papel pinocho, pegamento... e quedaron moi chulas!! Ademais fixemos dous xogos moi divertidos, xogamos a STOP con pelota e fixemos unha carreira de cus.
Pero isto non foi todo. Tamén celebramos o cumpreanos dun compañeiro, SERGIO, que nos deu unhas piruletas que se atopaban dentro de unha moito máis grande.
MARTES
Hoxe foi un día diferente, fixemos reciclaxe de papel. As monitoras explicaron o importante que é reciclar papel para que non se talen tantas árbores.
A parte da reciclaxe tamén estivemos contando historias de fantasmas porque, aínda que antes non o comentáramos, esta semana é a semana do TRANSPARENTE.
MÉRCORES
Hoxe comezamos a mañá facendo unha labor moi importante, limpar e separar os materiais de refugallo que se atopaban no parque infantil e nos arredores do multiusos. Atopamos plásticos, papeis, cabichas... e fumolas separando en bolsas diferenciadas para posteriormente depositalas nos colectores de plástico, de papel ou orgánico.
Tamén recibimos a visita de tres personaxes: Pepe, Antonia e María de las Dolores. Con eles xogamos o "CAZA FANTASMA", un xogo no que tiñamos que superar diferentes probas para obter pistas que nos axudarían a atopar o FANTASMA CONCILIO. Foi moi divertido, ainda que tamén daba un pouquiño de medo!!
XOVES
O xoves tocou creatividade. Todos propuxemos diferentes xogos pero finalmente gañaron dous: a BUSQUEDA DOS TRES FANTASMAS e QUÉN É A FANTASMA?? No primeiro había que buscar os fantasmas moi caladiños para que os nosos rivais non se decataran de onde estaban agochados; e no segundo había que adiviñar quen era o fantasma que se atopaba baixo unha sabana. Nos dous xogos pasámolo moi pero que moi ben!!
Ademais estivemos escollendo as fotos que vamos a expoñer no noso museo fotográfico, pero desto non vos vamos a contar máis que é sorpresa!!
VENRES
Como xa estades a ver, esta semana fixemos moitas actividades con materiais de refugallo. A última delas foi a creación dunha escultura. Quedaron moi chusquiñas!!
Ademais de alimentar a nosa parte creativa, tamén practicamos un deporte; A PATINAXE. Aprendemos a facer figuras de patinaxe artístico como o cañón ou a garza, fixemos carreiras, caemos e volvemos a caer, xogamos a pilla... Queredes que a vosa vida tamén vaia sobre rodas??

¡Que ben se pasa no Xogarzua...!, ¡que mágua, xa se acaba!.
ResponderEliminarAgardamos que o vindeiro ano se volva a repetir. Seguro que o pasaremos tan ben como este ano.
Un bico para todos/as os/as nenos/as e moitas grazas a todos/as monitores/as.
Cristina.