viernes, 29 de julio de 2011

O amarelo mola!

Esta semana pasámolo moi ben porque fixemos un montón de cousas, entre elas unhas gafas amarelas, a tira amarela, miramos as estrelas e eleximos unha estrela para cada un agora enseñaremosvos como o fixemos:

                                                                         

 O LUNS
O Luns fixemos as gafas con cartulina, papel de celofán e pegamento. Tamén fixemos a tira de cor amarelo con pinceis e pintura (temperas) María a nosa monitora contounos un conto para abrir a semana, sobre un sol e unha lúa.

                                                                         O MARTES
O Martes miramos as estrelas e a nosa monitora Merche contounos un conto das constelacions, e tamen as vimos coma se estivésemos nun planetario. E coma sempre xogamos moito todos, e o pasamos moi ben.

                                                                       

 O MERCORES
O Mércores a primeira hora fixemos figuras para decorar o pasillo que estaba moi triste todo blanco. As figuras tiñan  forma de mazáns, corazóns, estrelas, avións... Logo puxemos o ceo na parede como unha pantalla de cine, e fomos un a un escollendo unha estrela para cada un de nos e apuntamos o seu nome. Despois fixemos un diploma da nosa estrela tamén inventamos un nome para a estrela.
                                                                      

O XOVES
O Xoves pegamos os adornos que fixemos con cartulina e unhas plantillas e tamen foi o día  a da creactividade, fixemos un xogo que se chama o sol abrasa. Pasámolo moi ben xa que fixemos moitas cousas e moi divertidas esamos moi contentas.

O VENRES

O Venres fixemos o xogo do deserto, primeiro tiñamos que conseguir moedas facendo probas como: facer momias, buscar moedas na fariña, carreiras de gusanos. Con esas moedas ibamos a tenda a mercar cousas que nos farían falta para superar as probas que nos levarían ata a lámpara máxica, que tiña 3 desexos.



A TARTARUGA
Despois de un días portándonos ben, as monitoras decidiron traernos a mascota o Luns. Nos pensamos que a mascota era un conexo, un hamster, ou un peixe xa que elas tíñano en segredo. O final resultou ser unha tortuga, e ainda así gustounos moito!
Algúns dos nomes que pensamos para a tortuga eran: Tortu, Tortuga de Luna, Tortura, Merche, Estrella... pero o que ganou foi o de Lúa. E somos nós os que cada día lle temos que dar de comer, limpala e coidala!




OPINIÓN

Esta semana estuvo moi ben porque tivemos moito movemento, como facer xogos e moitas manualidades. E o que menos me gustou foi cantar, porque non me gusta moito cantar. O das estrelas gustoume moito e todo o que fixemos esta semana foi moi divertido.

O que máis me gustou esta semana foi o das estrelas porque vía o ceo, e a min gústame moito ver as estrelas pola noite, e era como se fose de noite.

Paseino moi ben, gustaronme moito as cousas das estrelas. Tamén me gustou moito o conto do Sol e da Lúa.

Gústame moito o XogArzúa, pasámolo moi ben. O que máis me gustou foi o das estrelas e cando fomos o parque.

Encantoume ver as constelacións e poñerlle nome as estrelas. E tamén me gustou cando votamos o nome da tortuga, o nome que máis me gustaba a min era Tortuga de Luna.

1 comentario: