viernes, 19 de agosto de 2011

XOGAMOS CO VERDE!


MARTES

     Esta semana empezamos o Martes porque o Luns foi o día de Galicia. Empezamos facendo a tira de cor verde e as gafas verdes. Na tira debuxamos árbores, unha tortuga, unha mariposa, un campo, a selva... todas cousas de cor verde! Contamos o conto da Rá Pascuala e a dun dragón que tragaba unha aceituna. Este dragón tiña na barriga un elefante, que tiña un león, que tiña un águila, dentro da águila un gato, e do gato un rato, e do rato unha rá e da rá o oso da aceituna que comera o dragón! Cántas cousas tiña o dragón na barriga!
     Outro conto que contamos foi o do pintor, o dragón e o titan. O conto que máis nos gustou foi o do dragón tragón.
     E despois fixemos unha tartaruga parecida a "Lúa", que fixemos con plasti, unha huevera, e cola. E levamola para casa!



MERCORES



     Fixemos unha masa viscosa, que era de cores. A nosa era de cor azul, roja e despois pusemoslle amarelo, e saleunos dun cor entre gris e violeta. Cando lle dabas forte coas mans quedaba dura, e cando a metiamos despacio quedaba como se fose auga e quedabanos pegada as mans. O rematar fomos limpar as mans. Parecia sólida e líquida o mesmo tempo. Era divertido meter a man na masa!
     Outra cousa que fixemos o mercores foron as mariposas. As mariposas fixémolaS con pintura, cartulinas e o corpo e as antenas eran de pajitas. Tamén lle botamos purpurina dourada e verde.


XOVES

     O xoves fixemos unha rá cunha cartulina doblando as patas e os brazos.
     Despois xogamos o laberinto. Esa idea foi dun neno que se chama Alexandre. Foi moi divertido para algúns e non tanto para outros porque perderon e pareceulles aburrido.
     Para facer o laberinto fixemos dous equipos e tiñamos que construilo con tódalas cousas da clase, e despois uhna vez rematado tiñamos que recorrer o do outro equipo e gañaba quen chegara antes.



VENRES
     O venres acabamos os sapos que comezamos o xoves. fomos o parque buscar insectos, atopamos formigas amarelas peludas que picaban, escarabellos, vacaloura.
     Tamén nos despedimos das monitores: Andrea, María e Inés, as cales queremos moito. Esperamos que volvan, pasamolo moi ben coas tres, porque eran boas. Mandamoslles un saudo moi grande e decimoslle que as queremos un montón e acordamonos moito delas. E con este día se acabado a semán do verde.



OPINIÓN:
"O que máis me gustou esta semana foi a tira"
"Encantoume facer a masa porque me gustaba meter as mans nela!"
"Paseino genial cando fomos o parque buscar insectos!"

      Esta semana cantamos cancións novas como: 
  • "Hercules" (Yo soy Hercules, mi madre es sonambula,...)
  • "La hormiguita" (Tengo, laralala, una hormiguita en la tripita, laralala,...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario