viernes, 19 de agosto de 2011

Semana do AZUL!!!

LUNS

Empezamos a semana con novidades, viñeron dous monitores novos: Nacho e Lidia. Ainda que algún non tan novo porque algúns de nós xa coñeciamos a Nacho.
O Luns fixemos as gafas de cor azul coas que víamos todo azul estaba todo máis claro que na realidade. Tamén fixemos a tira donde debexamos nuves, delfíns, auga, etc.
Presentamos a cor azul con contos pero de xeito distinto. Esta vez cambiamos e leemos nós e vez dos profes. Cando nos poñían na cabeza un gorro azul tiña que leer o que o tiña posto. Un dos contos era dun ovo azul, outro era dun neno que se portaba mal e lle chamaban "EL NIÑO DEL NO", e o último era dun neno no que no se pobo non chovía.







MARTES


Foi un día de moitas sorpresas. Primeiro démoslle a benvida a outra nova monitora que se chama Sandra. Despois, cando estabamos cantando, tuvemos unha visita especial, apareceu Silvia que viña acompañada doutra monitora que se chamaba Flavia.
Logo comezamos a facer as pinzas que decoramos con cousas mariñas xa que era o día relacionado co mar.
O final fixemos un acuario por grupos que estaba feito con caixas, cartolina, purpurina, papel pinocho... Quedaron preciosos!!

MÉRCORES

Empezamos a mañá rematando as pinzas xa que, o pintalas o día anterior, non estaban secas. Unha vez rematadas as pinzas fomos o parque e estivemos xogando co paracaidas xa que era o día do ceo. O xogo que máis nos gustou foi o da "SETA". Logo subimos a clase e fixemos unha fermosa cometa, se corríamos voaba!! Que fácil era!!






XOVES

O xoves vimos unha curtametraxe. Unha curtametraxe é unha peli pequena. A que vimos nós duraba 15 minutos e titulábase "OS CREBINSKY", era cine mudo. Trataba sobre uns irmáns que confundiron leite condensada con pintura. Rímonos moito con esta peli.
Contamos tamén lendas de naufráxios na costa da morte como o caso dos barcos ADELAIDA e COMPOSTELANO. Xogamos tamén a afundir os barcos. Fixemos dous equipos, o equipo vermello e o equipo negro. Ganou o equipo negro que lle afundeu todos os barcos o equipo vermello. Os tableiros fixémolos entre todos e eran enormes.

VENRES

Tocou a creatividade e como sempre saíron moi boas ideas, como a de Fran e a de Nico. O final a idea que ganou foi a de Fran que era un xogo no que había que esconder un gorro azul e quen o atopara tiña que vir correndo ata a aula sen que o pillaran. Encantounos ete xogo!! Era moi diver!!
Rematamos a semana xogando "OS MARIÑEIROS". Era un xogo no que tiñamos que pasar probas como a de transportar auga, andar por unha corda enrriba de tiburóns, a de pescar tiburóns e a de cantar como piratas. Cando superabamos probas consegíamos peixes, e ganaba quen máis peixes tiña!! E gañou o equipo vermello!!


OPINIÓN

-Paseino genial!! O que máis me gustou foi o xogo dos mariñeiros porque foi moi divertido!!

-Gustoume moito a semana do azul!!

-Non me gustou a semana do azul porque había un pirata que gritaba e tíñalle medo!!

-Foi unha semana moi boa porque ven Nacho e porque xogamos con el a marear!!

-A semana estuvo ben polo xogo do pirata!! O que máis me gustou foi o do gorro, que era o xogo de Fran!! O que non me gustou foi o tempo que estaba malo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario