COAS MANS NA MASA, NUNCA MELLOR DITO!!
Fariña por aquí, sal por alí e auga de cores para rematar . . . Así fixemos a nosa pasta de sal coa que preparamos uns fermosos agasallo para @s nos@s amig@s.
O primeiro que fixemos é colorear a auga. A partir de aí cada un de nós escollía a cor coa que ía a realizar o seu agasallo.
Máis tarde comezamos a mezla da fariña coa sal para engadirlle finalmente o líquido.
CÓMO NOS PUXEMOS!!
E despois de amasar e amasar quedáronnos uns agasallos "super chulos" que como xa saberedes son, SORPRESAAAAA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario