Chegou KIRA, a nosa mascota do XOGARZÚA!! Para atopala o xenio púxonos unha serie de probas que tivemos que superar pero como vedes, pasámolas con nota.
Coa tortuga na aula presentóusenos un problema, necesitábamos saber si a tortuga era macho ou femia para poñerlle o nome. Despois de varios estudos determinamos que a nosa tortuguiña é femia e decidimos chamarlle Kira.
E só nos quedaba tres cousiñas, organizarlle o espazo onde vai a vivir o XOGARZÚA, organizar os turnos de comida e darlle moito moito cariño.
Deixámosvos unha foto para que vexades que bonito nos quedou :D
No hay comentarios:
Publicar un comentario