LUNS
O Luns debuxamos a tira de cor violeta, e quedounos moi bonita! Fixemos un montón de xogos e cancións como "O baile da pedra" ou " O Larala lero", que eran bastante complicados e o principio perdíamonos! Pero eran moi divertidos.
Outra cousa que tamén foi máis dificil que os outros días foron as gafas, xa que para ver violeta a través delas tivemos que poñer distintos plásticos de colores! Pero o final víamos todo violeta!
MARTES
O Martes foi un día moi relejado... Xa que empezamos o día facendo un pouco de relajación e de tai-chi. O principio parecía que iba ser aburrido, pero logo relajámonos un montón! E despois "desrrelajámonos" un pouco facendo xogos que Marta propuxo para a creactividade. Nun dos xogos había que ir dicindo colores, e recordar tódolos colores que íbamos dicindo, e se nos equívocábamos quedábamos eliminados. No outro unha persona dicía colores e os demais tiñan que tocar cousas que tivesen esa cor, pero se decían violeta había que quedar quieto, e quen se movera era o que dicía os colores.
MÉRCORES
O Mércores fixemos xogos nos que non competíamos, senon que ganábamos todos, e tamén nos que había que ter confianza no resto de compañeiros porque nos tíñamos que tirar desde unha silla os brazos dos demáis.
Outra cousa que fixemos foi un marco de fotos moi bonito e moi original con macarróns e pasta de sopa, sin cocer, claro... Quedaron espectaculares!
XOVES
Como tódolos días comezamos alegremente cantando e xogando, e logo fixemos unha flor cunha huevera e cun pao de pincho moruno que tamén quedou genial! E pintamos o marco para as fotos porque o día anterior quedou secando!
VENRES
Rematamos a flor xa que quedara algo incompleta, e unha vez rematamos puxémonos a facer un lapicero cun rollo de papel hixiénico en forma de flor! Foi algo bastante fácil e que quedou moi ben!
E o acabar a mañán tivemos que despedirnos de Nacho... que nos dou moita pena!
OPINIÓN
-Encantoume porque foi todo moi divertido! Tanto os xogos como as manualidades gustáronme moito!
-Molou moitísimo o xogo de tirarase da silla! Porque era moi divertido!


Ola! :)
ResponderEliminarencantame ese marco!!! en menos de nada xa volvo por ai rapaces!
ResponderEliminar