martes, 23 de agosto de 2011

Unha semana de cor de rosa!

MARTES

O Martes conocimos a nova monitora, chámase Olalla, ainda que algúns se confunden e chámanlle Analla ou Soraya. Pero a ela non lle importa, porque é moi simpática e moi buena e con ela aprendemos un montón de canción novas como a de "Un bombero tilintilin tilero", a do "Polo" a de "Un arco de colores" e a da "Sandía".


E puxémosnos a facer a cinta de cor rosa e as gafas rosas coas que víamos todo rosa. Algúns de nós modernizamos as gafas e fixémolas a raias.


E empezamos a semana con un conto sobre unha rosa e un ruiseñor co que aprendemos a prestarlle atención as cousas que realmente son importante, como no caso do estudiante, os estudios.

MÉRCORES

Este día empezamos facendo uns escudos e un Xogo da Oca do Camiño de Santiago, para despois poder xogar a él. Fixemos os escudos como se fóramos cabaleiros, e fixémolos con cartón, pinturas e téperas, e neles debuxamos o que máis nos gustaba a cada un, como por exemplo un castillo, unha fogueira, un gato e unha lúa, etc...

Pero foi o Xogo da Oca o que máis traballo nos dou pero quedou moi bonito. Píntamolo e forrámolo para nos quedara mellor e nos dure máis.

XOVES

Rematamos o Xogo da Oca, xa que nos faltaba pintalo e forralo con celo. E unha vez que o rematamos puxémonos a xogar. A primeira proba era facer as fichas de cada equipo, unha era un bastón, outra unha flecha amarela, un cuncha e unha cruz. Todas as pezas estaban relacionadas co Camiño de Santiago.
No xogo tiñamos que acertar preguntas e superar probas, porque senon recibiamos un montón de cosquillas. E no fondo ata nos gustaba perder porque nos gustaba moito cando nos facían cosquillas.

VENRES

O Venres fixemos a nosa replíca de papel. Tíñamos que poñernos acostados encima dun papel e o resto de compañeiros debuxábannos. Unha vez feito o contorno tíñamos que pintarnos e debuxar a roupa, a cara, o pelo, os zapatos... Quedaron moi, moi bonitos! Algúns parécense un montón!


OPINIÓN

"Pasoo moi ben porque é moi divertido. O que máis me gustou foi xogar o Xogo da Oca. E o que menos me gusta e cantar pola mañán porque estou moi cansada!"

"Pasoo moi ben no Xogarzúa, gústanme moito os xogos e facer as gafas. Pero o que non me gustou foi o Xogo dos Zapatos porque cheiraba fatal!"

"Pasámolo moi ben facendo as cousas e divírtome moito"

"Gústame todo moito, pero o que máis me gustou foi o Xogo da Oca. E o que menos me gustou foi facer a tira, porque ese día non vin, e non sei como se fixo"

"O que máis me gustou foi a Oca e cando nos facían cosquillas"



5 comentarios:

  1. Rosa!!! co que a min me gusta! por certo! cando volva tendesme que facer unha replica desas a tamaño real que me gustan moito! un besiño para todos!!e portadevos ben con Olalla e Merche!!

    ResponderEliminar
  2. Silvia, seguro que cando volvas @s nen@s si que che fan a réplica preciosa porque son uns artistas moi traballadores!!

    Olalla

    ResponderEliminar
  3. Gustame moito o que estades a facer, vese que os nenos e nenas estanno pasando moi ben.
    Seguide así.

    Cristina

    ResponderEliminar
  4. silvia, a ver si nos ves a ver porque eu ainda non te vin e quero verte.
    E somos uns artistas de primera

    Marta

    ResponderEliminar
  5. Seguro que sí Silvia

    Estela

    ResponderEliminar